Comunicación Non Violenta

Unha linguaxe para comprender as emocións, xestionar os conflitos e previr a violencia.

A Comunicación Non Violenta é unha vía de achegamento

Permítenos expresarnos con claridade e autenticidade ao mesmo tempo que prestamos unha atención empática e respetuosa cara ás outras persoas. Ofrécenos recursos para:

Copia de Sin título(7)
Conciencia
emocional

Todo proceso de CNV comeza por un percorrido de auto exploración que nos leva a identificar os propios pensamentos, sentimentos e necesidades, desenvolvendo así unha rica conciencia emocional.

Copia de Copia de Copia de Sin título(1)
Xestión dos
conflitos

Reducimos as actitudes que nos poñen á defensiva e potenciamos aquelas que nos achegan. Creamos un punto de encontro dende o que temos en conta tanto as propias necesidades como as da outra persoa.

Copia de Copia de Sin título(2)
Prevención
da violencia

Aprendemos a detectar e modificar as violencias invisibles da nosa linguaxe, facendo do conflito un proceso enriquecedor, no lugar de deixar que desemboque en dinámicas de fuxida, defensa ou ataque.

Copia de Copia de Copia de Sin título(2)
Conexión
entre persoas

Ao comprender que os sentimentos e manifestacións desagradables son a expresión de necesidades non satisfeitas, atopámonos nunha boa posición para coidar a relación con nós mesmas e coas persoas que nos rodean.

As bases da CNV foron sintetizadas e levadas á práctica polo psicólogo, educador e mediador Marshall B. Rosenberg. Con esta proposta asistiu as relacións entre persoas dende o ámbito familiar e escolar ata situacións de conflito étnico, relixioso ou político.

Non compre cas outras persoas coñezan a CNV para que funcione, abonda con que a poñas en práctica ti. E calquera pode aprendela se o desexa: é unha cuestión de práctica.

¿Gustaríache aprender CNV?

Se queres que te avisemos das próximas actividades déixanos o teu enderezo electrónico. Tamén te avisamos por WhatsApp se nos deixas o teu teléfono.

Ola, son Carmen.

Son profesora de música licenciada en ‘Pedagoxía Musical’ e ‘Solfeo e Teoría da Música’. Estou certificada en Comunicación Non Violenta polo CNVC (Centro Internacional para a Comunicación Non Violenta) e formada en mediación, intelixencia emocional e focusing.

Gozo impartindo formación a profesorado e familias, onde integro estes enfoques. No meu labor educativo aplico os principios da intelixencia emocional e da Comunicación Non Violenta.

Estamos a formar unha rede de practicantes de CNV en todo o territorio galego.

Queres coñecer os próximos obradoiros ou atopar un grupo de prácticas? Gustaríache que fixeramos un obradoiro de CNV no teu centro?


© 2019 CNVGalicia | Deseño e desenvolvemento web por Berta Capdevila. Traducción de textos e coidado da lingua por Thais Núñez.