CICLO DE OBRADOIROS

Iniciación e profundización
na Comunicación NonViolenta

Sábados 8 e 29 de febreiro en Compostela
Facilita: Carmen Sarmiento Marqués
Formadora certificada polo CNVC

Este ciclo de obradoiros constitúe unha toma de contacto amplia e experiencial coa Comunicación NonViolenta como vía de relación con unha mesma e cas demais persoas.
Basearemonos nas nosas propias experiencias vivas para practicar a calidade da presenza, a expresión, a escoita mutua e as habilidades de empatía.
En cada práctica experimentaremos primeiro a profundidade da ferramenta para pasar despois ás referencias teóricas.
Copia de Copia de Sin título(2)

Qué é Comunicación NonViolenta

A Comunicación NonViolenta axúdanos a expresar de forma honesta o que sentimos, permite perder o medo aos conflitos e confiar na capacidade de conexión a través da comunicación. É un enfoque concreto, práctico e tamén eficaz que mellora as relacions persoais cara dentro e cara fóra.

A súa base é a practica dunha linguaxe conectada á compaixón mesmo en situacións difíciles. A través desta práctica cambiamos a maneira de observar e de expresarnos para chegar a un diálogo auténtico e respectuoso que permite unha expresión e unha escoita ás outras persoas desde o respecto e o equilibrio.

O esencial nas relacións humanas verdadeiras e respectuosas é ter en conta os sentimentos e as necesidades mutuas, isto lévanos a un cambio de paradigma alonxado da visión dual (ou gañas ti ou gaño eu).

A CNV axuda a mellorar a calidade de vida e abre a posibilidade de solucións duradeiras e transformadoras. Ensínase e aplícase no mundo enteiro, en colexios, hospitais, cárceres, empresas, nas relacions sociais e nas familiares. Utilízase tamén para mediación en zonas de conflito.

Obxectivos da formación

Iniciación

  • Comprender e manexar as emocions.
  • Comprender o que nos move na vida desde a cercanía ás necesidades.
  • Exercitar a autoempatía e a escoita empática.
  • Coñecer as barreiras comunicativas e o proceso CNV.

Profundización

  • Aprender a dicir “non” desde a tranquilidade e a conexión coas persoas.
  • Como escoitar unha mensaxe difícil.
  • Como poñer límites sen violencia.
  • Diferenciar simpatía de empatía.
info practica

Información práctica

Iniciación na CNV

Sábado 8 de febreiro | duración 8h | 60€
+  No colexio La Salle, ver ubicación
+  Horario de 10 a 20h, con pausa para comer
+  Non é necesaria formación previa
+  Non inclúe comida
+  É necesaria a inscrición previa por medio de unha paga e sinal de 20€. O resto abonarase en metálico no obradoiro.
+ Límite para a inscrición: venres 7 de febreiro.

Profundización na CNV

Sábado 29 de febreiro | duración 8h | 70€
+  En sala Gaia dos Nenos, ver ubicación
+  Horario de 10 a 20h, con pausa para comer
+  É necesario ter cursado unha iniciación
+  Non inclúe comida
+  É necesaria a inscrición previa por medio de unha paga e sinal de 20€. O resto abonarase en metálico no obradoiro.
+ Desconto familiar: Se vides dous membros da familia aplicamos 10€ de desconto nunha das inscricións. Compre facer dúas inscricións a través do botón «incribirme» e no día do obradoiro aplicamos o desconto. Avisade por mail. Este desconto non é acumulable ao que se aplica por contratar os dous obradoiros.
+ Agradecemos que se faga a inscrición dous ou tres días antes da data para facilitar a organización.

Este obradoiro está completo

E se queres facer os dous...

Desfruta de 15€ de desconto contratando este bono:

+ Inscríbete con unha paga e sinal de 45€.
+  Entrega 40€ máis no primeiro taller.
+  Entrega os 30€ restantes no segundo taller.
+  Desfrutarás dos dous talleres por un total de 130€ 115€.
+  No caso de non asistir a algún dos talleres non se realizará devolución da paga e sinal.
+  Límite para a inscrición: venres 7 de febreiro.

Deixámoste unha mostra da CNV polo seu impulsor, Marshall Rosenberg

Pódense activar os subtítulos na barra de controis.

Se queres, informámosche dos próximos eventos.

© 2019 CNVGalicia | Deseño e desenvolvemento web por Berta Capdevila a partir do tema Astra. Traducción de textos e coidado da lingua por Thais Núñez.