Ocorreuche algunha vez que falas con alguén e conectas rapidamente, como se fose o máis natural?

Outras veces, en cambio, semella que hai un muro que che separa da outra persoa e cada vez que falas o muro medra máis e máis.

Por que a veces funciona e outras veces non?

A Comunicación Non Violenta desprende luz sobre a maneira en que a violencia fíltrase inadvertidamente na nosa linguaxe e na nosa actitude, dificultando as relacións coas demais persoas e con nós mesmas.
Ao mesmo tempo ofrece unha alternativa clara e concreta, que todas podemos aprender se o desexamos.

Trátase dunha práctica baseada nos principios universais da non violencia que nos axuda a clarificar o que observamos, sentimos e desexamos. Lévanos a comprender de que maneira a tristura, a carraxe e mesmo a violencia, no fondo fálannos de necesidades non satisfeitas.


As bases da CNV foron sintetizadas e levadas á práctica polo psicólogo, educador e mediador Marshall B. Rosenberg, impulsado polo desexo de xerar unha alternativa á violencia da que foi testemuña no seu barrio natal, en Detroit.

Formouse con Carl Rogers e, inspirado polas súas ensinanzas, Marshall desenvolveu unha proposta que lle permitiu mediar en multitude de conflitos étnicos e relixiosos, viaxar a zonas en guerra, e asistir a persoas privadas de liberdade, a equipos de traballo e a familias que querían recursos para acompañar ás súas criaturas.

Tamén afondou no ámbito educativo, ofrecendo a maiores e pequenas a linguaxe precisa para a xestión dos conflitos e a prevención da violencia.

Na raíz da CNV está a conciencia de que todas as persoas sentímonos satisfeitas cando damos ou recibimos algo de xeito compasivo ou solidario. Así pois, ábrese a pregunta:

Que fai que nos manteñamos vinculadas á nosa natureza compasiva aínda nas peores circunstancias?

De ahí nace unha linguaxe de achegamento

A CNV guíanos para navegar polo noso mundo interior e permítenos expresarnos con autenticidade e claridade, ao mesmo tempo que prestamos unha atención respectuosa e empática ás demais.

E o mellor: non fai falla que as túas interlocutoras coñezan a CNV, xa que funciona aínda que só a uses ti.

A Comunicación Non Violenta é unha linguaxe de vida, que nos acompaña en todas as ocasións a medida que a incorporamos.

Florece especialmente en ámbitos como:

  • A crianza e a escola
  • As relacións familiares e de parella
  • As relacións laborais
  • A mediación, o dereito colaborativo e a xustiza restaurativa
  • As relacións interculturais
  • O acompañamento a persoas enfermas ou anciás
  • O traballo social
  • Os procesos terapéuticos e de crecemento persoal…
  • … e seguro que moitos máis.

Se queres aprender e practicar a Comunicación Non Violenta estás no lugar axeitado

Aquí podes atopar un grupo de prácticas ou ver os próximos obradoiros.

Se queres, informámosche dos próximos eventos.

© 2019 CNVGalicia | Deseño e desenvolvemento web por Berta Capdevila a partir do tema Astra. Traducción de textos e coidado da lingua por Thais Núñez.