Somos unha rede de persoas e entidades comprometidas coa práctica e a divulgación da Comunicación Non Violenta no territorio galego
Estamos en constante crecemento e abertas a toda persoa que queira participar. Aquí podes coñecernos un chisco máis.

Formadora

Carmen Sarmiento Marqués
Son profesora de música licenciada en ‘Pedagoxía Musical’ e ‘Solfeo e Teoría da Música’. Apaixonada en ambos campos. Estou certificada en Comunicación Non Violenta polo CNVC (Centro Internacional para a Comunicación Non Violenta) e formada en mediación, intelixencia emocional e focusing. Gozo impartindo formación a profesorado e familias, onde integro estes enfoques.
No meu labor educativo aplico os principios da intelixencia emocional e a Comunicación Non Violenta.
Despois de profundar no campo pedagóxico descubro que, ademais de saber que ensinar e como ensinalo, a eficacia do proceso de comunicación faise imprescindible se quero lograr con éxito os meus obxectivos. Por iso no ano 2000 interésome pola Psicoloxía e fórmome en Análise Transacional con Mario Salvador e Jesús Cuadra e en Focusing con Carlos González.
Xa formada en intelixencia emocional, no 2006 tomo contacto coa Comunicación Non Violenta da man de Pilar de la Torre e descubro que potencia os enfoques humanistas que utilizo. Outros formadores dos que aprendín: Thomas D` Asemburg, Anne Bourritte, Robert González, ChristianeGofard, MikiKashtan, HelenAdamson, Amalasiri Murcia en Barcelona, Fabiola Fuentes, Alan Seid, SusannaRusch e SylvieHörning.
Ao mesmo tempo paso a formar parte do proxecto de Mediación Escolar que se desenvolve na provincia de Lugo «Vivir xuntos, convivir», recibindo formación de Jesús Jares e Manolo Blanco e máis tarde impartindo os talleres de comunicación eficaz nos cursos que se organizan cada ano.
Formei parte do equipo que puxo en marcha a Asociación de CNV dende un enfoque sociocrático e da organización dos primeiros encontros de CNV en España. Participo nos encontros e festivais estivais de CNV.
O meu campo de impacto social é a educación.
Xa que a linguaxe constrúe pensamento e o pensamento linguaxe, paréceme imprescindible poñer o foco na violencia invisible das palabras que manexamos. Facelo abre unha porta que facilita o cambio de realidades: a da igualdade, a educativa, a inclusiva…
Poñer o foco nesta perspectiva permitirá que as crianzas teñan unha educación máis integral e humana nestes tempos de competencias tecnolóxicas.
Paréceme importante que aprendamos a cooperar, a colaborar, a atopar xeitos de atender as necesidades de todas as persoas que poden verse afectadas por unha determinada decisión.
Imparto cursos de CNV para alumnado, familias e profesorado ao longo da xeografía galega, tanto para o Cefore como para Grupos de Traballo e PFAC en Institutos e Colexios interesados en temas de educación emocional.
Facilito grupos de prácticas e teño a oportunidade de contaxiar o meu entusiasmo por este enfoque en relación co traballo corporal e a intelixencia emocional.